Un traballo do CIQUS entre os máis lidos en ACS Medicinal Chemistry Letters no último mes

12/11/2013

Un recente traballo liderado por Eddy Sotelo, investigador do CIQUS, situouse entre os 20 artigos máis lidos do mes na recoñecida revista ACS Medicinal Chemistry Letters.

No devandito artigo descríbese o descubrimento e optimización dunha nova familia de antagonistas dos receptores A2B adenosina que combina simplicidade estrutural e excelentes niveis de potencia e selectividade. Partindo dun cabeza de serie da Quimioteca ComBioMed obtivéronse varios Leads empregando unha plataforma de optimización multicompoñente que acelera as etapas de descubrimento de candidatos a fármacos.

Os ligandos identificados constitúen estruturas valiosas no desenvolvemento de novas aproximacións terapéuticas para o tratamento de enfermidades como a asma, a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica, a diabete ou a retinopatía diabética. O grupo do Prof. Sotelo liderou este traballo no que colaboran os grupos da prof.a María Isabel Loza (CIMUS-USC) e do Dr. Hugo G. Teran (Uppsala University).

A revista ACS Medicinal Chemistry Letters publica comunicacións breves de resultados relevantes, experimentais ou teóricos, no ámbito da química médica.

 

  

Figura 1. Modo de unión proposto para os estereoisómeros S (arriba) o R (inferior) do composto 21A en el A2B AdoR.