Xornadas de Portas Abertas "Achégate á Química!"

23/11/2011

Con ocasión da celebración do Ano Internacional da Química, o CIQUS organiza xornadas de portas abertas coas que pretende transmitir unha visión actual da investigación química e a importancia desta ciencia no desenvolvemento científico e tecnolóxico global. As actividades previstas inclúen experimentos e demostracións que amosan a "maxia" da Química,  a visita a un laboratorio de investigación actual, o funcionamento de sofisticados instrumentos científicos e unha exposición de carteis que explican, a nivel divulgativo, algunhas das liñas de investigación do centro. As actividades en horario de mañá, organizadas en coordinación coa Facultade de Química, están dirixidas a estudantes de ensino secundario e contarán coa participación de 600 alumnos de colexios e institutos de Santiago e comarca. En horario de tarde, as portas do CIQUS abrirán para o público xeral.