Research
O encontro serviu para avaliar os progresos do proxecto europeo MolDAM, centrado no estudo e control de reaccións químicas a escala atómica mediante síntese molecular e técnicas avanzadas de microscopía.
Investigadores do CiQUS e do CRETUS conseguiron inmobilizar encimas degradadoras de plástico dentro de nanoesferas proteicas producidas por bacterias.
O investigador do CiQUS Massimo Lazzari lidera o bloque centrado na avaliación da biodegradación e o reciclaxe biosintético de novos plásticos sostibles.
Un equipo do CiQUS desenvolveu un novo material catalítico capaz de activarse e desactivarse de forma controlada, o que podería revolucionar a produción sostible de hidróxeno ao prolongar a vida útil dos electrocatalizadores.
A investigadora do CiQUS Beatriz Orosa lidera un novo proxecto do ERC que ten como obxectivo fortalecer as defensas naturais dos cultivos fronte a patóxenos mediante o estudo da ubiquitinación.
O equipo, coordinado por José Luis Mascareñas, centrarase no desenvolvemento preclínico dun prometedor composto químico para facer fronte ás células nai do cancro. dotado con 2,5 millóns de euros, o proxecto MEDiCS foi seleccionado na última convocatoria EIC Transition.
O equipo de investigadores aplica unha metodoloxía desenvolvida no CiQUS para probar a inmunización fronte ao virus hemorráxico.
O investigador do CiQUS Javier Montenegro coordina a XIX Iberian Peptide Meeting, un punto de encontro entre investigadores de España e Portugal para coñecer os últimos avances no campo.
A investigación desenvolvida no CiQUS polo Dr. Ignacio Insua no marco do proxecto ERC Replicate busca revolucionar a maneira na que se deseñan os antibióticos, vencendo así a resistencia e abrindo novas posibilidades noutras terapias.
O grupo Bionanotools do CiQUS optimiza o proceso de produción e senta as bases para o desenvolvemento de novas estratexias de síntese.
O centro participará en consorcios internacionais con institucións académicas de referencia e relevantes socios industriais a través dunha serie de accións enmarcadas no programa Marie Skłodowska-Curie.
Investigadores do CiQUS desenvolven unha técnica pioneira para regular o fluxo de calor nestes sistemas aplicando campos eléctricos sobre rexións moi localizadas do material.
Massimo Lazzari estuda o comportamento da especie 'Zophobas morio', capaz de degradar e incorporar polímeros na súa dieta, como estratexia para facer fronte aos residuos.
Publicada en Science Advances, unha investigación do CiQUS busca comprender como se formaron as moléculas no medio interestelar.
Un estudo do CiQUS publicado en Nature Communications describe a topoloxía das hélices en péptidos para comprender mellor como se organizan.
Un experto en ciencia de materiais colabora co CGAC para avaliar a calidade e durabilidade dos materiais que se empregan no patrimonio artístico do Museo galego.
Investigadores do CiQUS demostran que o tamaño e a polarizabilidad destes vehículos moleculares son os parámetros que determinan a eficacia do novo sistema de transporte caotrópico.
Un estudo do CiQUS revela como a estrutura secundaria dos polímeros helicoidais afecta á maneira na que se axustan entre eles para formar nanoestructuras, como nanoesferas.
O proxecto AQilles busca identificar os perfís lipídicos das células afectadas mediante simulación computacional, intelixencia artificial e computación cuántica.
O proxecto no que participa o CiQUS busca xerar células CAR T melloradas para combater o cancro combinando entrega de material xénico e edición xenética de precisión en células T.