Juan Carlos Estévez Cabanas

Tel.: 
+34 8818 15730
Email: 
juancarlos.estevez [at] usc.es
Departamento: 
Química Orgánica
Grupo de investigación: 
Catedrático

Juan Carlos Estévez Cabanas naceu na Estrada (Pontevedra) en 1964. Realizou os seus estudos da Licenciatura en Química na Universidade de Santiago de Compostela (USC, 1987) e a continuación os seus estudos de doutorado, baixo a dirección da Prof. Dra. Dna. Mª del Carmen Villaverde Cameron-Walker e do Prof. Dr. D. Ramón José Estévez Cabanas, presentando a súa Tese Doutoral na USC en 1992. Durante a realización da súa Tese Doutoral levou a cabo unha estanza predoutoral na Universidade de La Laguna-Tenerife, (1991) baixo a supervisión do Prof. Dr. D. José Antonio Palenzuela López.

Finalizada a súa tese doutoral trasladouse ao Dyson Perrins Laboratory da Universidade de Oxford (Oxford, UK) para realizar, como bolseiro de FPU do MEC, estudos postdoutorais baixo a supervisión do Prof. George W.J. Fleet (1992-1994), que complementou posteriormente con diversas estanzas curtas no mesmo Centro e coa mesma supervisión. En 1995 trasladouse á USC como Profesor Asociado no Campus de Lugo, accedendo á condición de Profesor Titular Numerario en 1987. Dende 2012 está acreditado como Catedrático de Química Orgánica.

Ao trasladarse ao Campus de Compostela en 2002, iniciouse neste campus, baixo a súa supervisión, unha liña de investigación sobre química de carbohidratos. En 2008 foi seleccionado como investigador do CIQUS por unha comisión externa nomeada ao efecto.

En 2009 trasladouse ao Parc Cientific da Universidade de Barcelona para realizar unha estanza, como bolseiro da Xunta de Galicia, que permitiu iniciar unha colaboración sobre estudos estruturais, químicos e biolóxicos de péptidos, co Dr. D. Fernando Albericio Palomera e a Dr.a Dña. Miriam Royo Expósito, así como co Dr. D. Jesús Jiménez Babero, do CICBiogune (Bilbao, España).

Os seus traballos de investigación, inicialmente centrados no campo dos hidratos de carbono, principalmente nitroderivados de carbohidratos como fonte de compostos carbocíclicos e heterocíclicos altamente funcionalizados, foron evolucionando cara a síntese de aminoácidos polihidroxilados e oligómeros de éstos. Mais recentemente a sua investigación céntrase en oligómeros coa capacidade de comportarse como novos materiais (nanopartículas, xeles e inhibidores de recristalización do xeo).

Nos seus traballos de investigación colabora có Profesor George W. J. Fleet (Universidade de Oxford, UK), o Dr. Atsushi Kato (Universidade de Toyama, Xapón), o Profesor Jesús Jiménez Barbero (CICBiogune, Bilbao, España), a Profesora Rosa M. Ortuño (Universidade Autónoma de Barcelona), a Dra. Miriam Royo (IQAC-CSIC), a Dra. Raquel Soengas (Universidade de Oviedo, España) e o Dr. Nuno Xavier (Universidade de Lisboa, Portugal).