Ramón J. Estévez Cabanas
Ramón J. Estévez Cabanas (A Estrada, Pontevedra) , realizou estudos de Química na Universidade de Santiago de Compostela (USC, 1975), así como estudos de doutoramento, baixo a dirección do Prof. Dr. D. Luís Castedo e do Prof. Dr. D. Rafael Suau (USC, 1979), realizando diversas estancias postdoutorais na Universidade de Oxford, no grupo do Profesor George W. J. Fleet. En 1984 accedeu á condición de Profesor Titular Numerario de Química Orgánica e en 2003 á de Catedrático.
Os seus traballos de investigación, inicialmente centrados na química de Produtos Naturais, moi especialmente alcaloides isoquinolínicos e indólicos, evolucionou logo cara a campo dos hidratos de carbono, como fonte de compostos carbocíclicos e heterocíclicos altamente funcionalizados, de interese biolóxico, como organocatalizadores e como substancias monoméricas para o acceso a materiais novos, con aplicacións potenciais en Química Biolóxica e en Ciencia de Materiais.
Parte destes traballos levan a cabo en colaboración co Profesor George W. J. Fleet (Universidade de Oxford, UK), o Dr. Atsushi Kato (Universidade de Toyama, Xapón), o Profesor Jesús Jiménez Barbero (CICBiogune, Bilbado, España), a Profesora Pilar Rauter e o Dr. Nuno Xavier (Universidade de Lisboa, Portugal) e a Dra. Raquel Soengas (Universidade de Oviedo, España).
O seu interese pola valorazación da investigación e o emprendemento universitario levoulle a participar na creación de catro empresas de base tecnolóxica xurdidas na Universidade de Santaigo de Compostela (Galchimia, AMSlab e ChemoSapiens) e na Universidade de Vigo (Green Solutions).
Foi Vicepresidente e Presidente do Grupo de Hidratos de Carbono da Real Sociedade Española de Química.
Ten unha ampla experiencia en xestión universitaria, tendo desempeñado os cargos de Decano da Facultade de Ciencias de Lugo e de Decano da Facultade de Química da USC. Na actualidade é Direitor do Departamento de Química Orgánica da USC, así como coordinador do Máster Interuniversitario en Química Orgánica e do Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química.