Grande éxito do CIQUS nos V Premios SUSCHEM a Mozos Investigadores Químicos -2013

12/06/2013

Félix Freire foi o gañador na categoría "POSTDOC" á mellor publicación científica en 2012 e, dous dos tres finalistas na mesma categoría tamén están vinculados ao CIQUS. Un recente doutor do CIQUS tamén foi finalista na categoría de "PREDOC".

Félix Freire Iribarne, investigador Ramón y Cajal pertencente ao CIQUS, foi o gañador do V premio SUSCHEM na categoría de POSTDOC, para xóvenes investigadores menores de 40 anos no ámbito da Química.

O traballo premiado, titulado “Nanospheres with tuneable size and chirality from helical polymer-metal complexes”, fora portada do prestixioso Journal of the American Chemical Society, e clasificado como un dos máis destacados entre os recentemente publicados pola devandita revista. Este traballo foi codirixido polos profesores José Manuel Seco, Emilio Quiñoa y Ricardo Riguera.

Ademais, nesta mesma categoría o xurado declarou tres finalistas, dous dos cales tamén pertencen ao CIQUS. O primero deles é José Miguel Alonso Gómez pola investigación “[16]Cloverphene: a Clover-Shaped cata-Condensed Nanographene with Sixteen Fused Benzene Rings”, realizada baixo a dirección dos investigadores do CIQUS Diego Peña, Enrique Guitián e Dolores Pérez e publicada na revista Angewandte Chemie. O outro finalista é Rebeca García Fandiño, actualmente investigadora Juan de la Cierva no CIQUS co Profesor Juan Granja, polo seu traballo “Designing biomimetic pores on carbon nanotubes”, unha colaboración entre as Universidades de Oxford e A Coruña, e que foi publicado na revista PNAS (Proceedings of the National Academy of Sciences).

Por outra parte, Alejandro Criado, recentemente doutorado no CIQUS baixo a dirección de Enrique Guitián e Diego Peña, foi declarado finalista na categoría de PREDOC, polo traballo titulado “Bond-Order Discrimination by Atomic Force Microscopy”, elexido como portada de SCIENCE o pasado mes de setembro.

Os Premios SUSCHEM, convocados pola Plataforma Tecnolóxica Española de Química Sostible, pretenden outorgar un recoñecemento público ao labor dos mozos investigadores menores de 40 anos no ámbito da Química en España e apoiar, promover e estimular a actividade científica e divulgativa entre os mozos investigadores químicos.

Estes galardóns, instaurados en 2009, están promovidos polo Foro Química e Sociedade, o Grupo Especializado de Mozos Investigadores Químicos da Real Sociedade Española de Química (JIQ), a Real Sociedade Española de Química (RSEQ), a Asociación Nacional de Químicos de España (ANQUE), o Consello Xeral de Colexios de Químicos de España (CGCQ) e a Federación Empresarial da Industria Química Española