Félix Freire e Martín Fañanás, poñentes invitados ao 7th SPJ - Organic Chemistry Symposium

06/05/2015
 
Os mozos investigadores do CiQUS Félix Freire e Martín Fañanás participarán como Conferenciantes Invitados no  7th Spanish Portuguese Japanese Organic Chemistry Symposium (7th SPJ-OCS), que se celebrará en Sevilla de 23 ao 26 de xuño de 2015.
 

Félix Freire (investigador Ramón e Cajal, 2010), obtivo no ano 2012 o premio SusChem en la categoría “Postdoc” á mellor publicación científica, polo seu traballo publicado na portada do Journal of the American Chemical Society, titulado “Nanospheres with tuneable size and chirality from helical polymer-metal complexes”.

Martín Fañanás, (investigador Ramón e Cajal, 2014), foi galardoado recentemente co Thieme Chemistry Journal Award 2015, un premio concedido polos comités de redacción das revistas científicas Synlett, Synthesis e Synfacts que cada ano recoñece o labor de en torno a 60 mozos docentes en todo o mundo ao comezo da súa carreira científica.

Este simposio reunirá a científicos con experiencia en química orgánica e áreas afines, a saber, a catálises homoxénea e heteroxénea, a síntese, o deseño molecular, química de materiais e química medicinal. O obxectivo desta conferencia é non só para compartir os achados máis recentes, senón tamén para estimular o debate sobre as tendencias actuais no campo e fomentar novas colaboracións.