Isaac Alonso Premio Lilly de Investigación para Alumnos de Doctorado 2013

08/08/2013

Este premio supón un novo recoñecemento á excelencia dos investigadores novos no CIQUS

O estudante de doutorado do CIQUS Isaac Alonso foi galardoado polo Comité Europeo para Relacións Académicas (EUACC) de Lilly España cun dos 3 Premios Lilly de Investigación para Alumnos de Doutorado 2013 no seu XI Edición. Isacc Alonso está a desenvolver a súa tese doutoral no CIQUS, e a súa área de interese é a síntese de estruturas orgánicas relacionadas con produtos naturais e de derivados de interese biolóxico e/ou biomédico, que é un reto fundamental en química orgánica.

O traballo realizado durante a súa tese no CIQUS baixo a dirección do Prof. Mascareñas e o Dr. Fernando López permitiu o desenvolvemento de novas metodoloxías de síntese química que permiten a preparación, en poucas etapas, de compostos de interese biolóxico a partir de materiais de partida sinxelos e económicos. Así, obtéñense compostos con elevado valor para a síntese orgánica e que se encontran en numerosos produtos naturais, como son as hormonas, ou outros con interesantes propiedades farmacolóxicas. Para iso seguíronse estratexias de cicloadición asimétricas inducidas por catalizadores organometálicos de ouro

A aceptación do premio leva consigo impartir unha charla, de 10 min sobre o traballo que presenta a avaliación, na cerimonia de entrega de premios que terá lugar no Centro de I+D de Lilly en Alcobendas, o próximo 27 de Setembro de 2013. Impartirase unha conferencia plenaria a cargo dun científico de recoñecido prestixio a nivel internacional. Esta nova edición contará coa presenza do Profesor Dr. Karl Anker Jørgensen de la Universidad de Aarhus (Dinamarca).

Cabe destacar que dende o 2012, os mozos investigadores do CIQUS obtiveron numerosos recoñecementos nacionais e internacionais, entre os que destacan: Premio Lilly de Investigación para Alumnos de Doutorado 2012; Medalla de Prata no European Young Chemistry Award (EYCA) 2012; Premio SUSCHEM Novos Investigadores en Química á mellor publicación científica (categoría postdoutoral) 2012; e dous mozos investigadores doutorados no CIQUS foron seleccionados para asistir ao prestixioso 63rd Encuento Lindau con Premios Nobel en 2013