Lorena Tizón, Premio Lilly 2012 para alumnos de doutoramento

06/08/2012

O Comité Europeo da compañía farmacéutica Lilly decidiu outorgar un dos tres premios Lilly para alumnos de doutoramento na súa edición 2012 a Lorena Tizón Valverde, polas investigacións realizadas no campo dos antibióticos durante a súa tese de doutoramento baixo a dirección da profesora Concepción González-Bello no CIQUS.
O acto de entrega de premios celebrarase o 28 de setembro na sede de Lilly en Alcobendas. Os tres premiados impartirán unha comunicación oral sobre as investigacións realizadas durante a súa tese doutoral. No acto, ao que acudirán os directores de tese, participarán ademais dous científicos de prestixio internacional como conferenciantes plenarios, os profesores Phil S. Baran do Scripps Research Institute de La Jolla (USA) e Cristina Nevado da Universidade de Zurich, (Suiza). Haberá ademais unha sesión de pósters na que presentarán os seus traballos outros sete finalistas seleccionados, entre os que se atopa outra investigadora do CIQUS, Lucía Sayas, que desenvolve a súa tese de doutoramento baixo a dirección do Prof. José Luis Mascareñas e do Dr. Fernando López García (IQOG-CSIC).
As investigacións realizadas por Lorena Tizón no grupo da Prof. González-Bello centranse no desenvolvemento de compostos capaces de bloquear procesos metabólicos sen os que as bacterias no poderían sobrevivir, para o seu uso como antibióticos. En particular, os estudos céntranse no desenvolvemento de novos tratamentos fronte á tuberculose, enfermidade recoñecida pola OMS como prioritaria desde o punto de vista da necesidade de desenvolvemento de investigación. Está causada por unha bacteria moi contaxiosa e para a que o tratamento utilizado actualmente consiste na inxesta de catro fármacos durante un período de entre 6 e 24 meses.
Por outra parte, o traballo de Lucía Sayas diríxese á construcción de esqueletos policiclicos de moleculas bioactivas mediante catalise de níquel. O obxectivo é o desenvolvemento de métodos rápidos e pouco contaminantes para construir o núcleo estrutural básico de moléculas relevantes desde o punto de vista biomédico, pero que non poden obterse en cantidades suficientes debido á súa complexidade estrutural.