Novo avance en nanopartículas porosas para administración de medicamentos

09/05/2022
  • O grupo liderado polos IPs do Ciqus, Beatriz Pelaz e Pablo del Pino, vén de publicar o seu traballo na revista Nanoscale, dentro da colección "Emerging Investigators 2022"

O grupo de investigación BioNanoTools do CiQUS da USC, liderado por Beatriz Pelaz e Pablo del Pino, vén de publicar na revista Nanoscale un artigo que avanza nos sistemas de administración de medicamentos inxectables. O artigo do grupo de Pelaz e del Pino informa do efecto de varios parámetros sintéticos para producir UiO-66 co obxectivo da súa aplicación como sistema de administración de medicamentos. Este traballo forma parte do proxecto HeatNMof (H2020-MSCA-ITN, #860942) e un dos seus investigadores en prácticas, Manuel Ceballos (INT Fellow) é o primeiro autor do artigo.

O artigo forma parte da colección "Nanoscale 2022 Emerging Investigators" que destaca as figuras emerxentes da investigación en nanociencia e nanotecnoloxía en 2022 e reúne os mellores traballos de investigadores nas primeiras etapas da súa carreira independente. Acompañando o artigo, a revista destacou a figura da investigadora principal do CiQUS, Beatriz Pelaz, recentemente galardoada pola Real Sociedade Española de Química co premio Investigador Mozo na categoría "Group Leader".

Referencia: Manuel Ceballos, Manuela Cedrún-Morales, Manuel Rodríguez-Pérez, Samuel Funes-Hernando, José Manuel Vila-Fungueiriño, 
Giulia Zampini, Maria F. Navarro Poupard, Ester Polo, Pablo del Pino and Beatriz Pelaz; High-yield halide-assisted synthesis of 
metal-organic framework UiO-based nanocarriers; Nanoscale 2022. Royal Society of Chemistry. http://doi.org/10.1039/D1NR08305H