O CIQUS, en portada

05/06/2012

Un artigo recente dos grupos de M. Eugenio Vázquez e Miguel Vázquez, en colaboración con investigadores do CIB-CSIC en Madrid, Universitat Autónoma de Barcelona e Kitasato University (Xapón) foi seleccionado como portada interior na última edición da revista Chemistry- a European Journal. Este traballo (Chem. Eur. J., 2012, 18, 7030-7035) describe a formación estereoseletiva de metalopéptidos quirais.

 

A quiralidade do metalopéptido é determinada pola quiralidade dun único aminoácido prolina (D- or L-P) entre os dous residuos de coordinación de 2,2 '-bipiridina. Os investigadores describen tanto a síntese e elucidación estrutural do complexo.