Terceira Avaliación Cuatrienal do CiQUS

24/04/2023

Tras un par de días de labor intensiva, a Comisión Científica Asesora Externa (ESAB) puido supervisar o rendemento científico do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da USC. O panel, formado por científicos de recoñecido prestixio internacional, encargouse de valorar o progreso e a actividade do centro durante o período 2019-2022, no marco da 3ª Avaliación Cuatrienal do CiQUS. Xunto ao Prof. Jiménez Barbero, presidente da ESAB, o Prof. Luís Oro, a Prof. Janine Cossy, o Prof. Miquel Pericás e a Prof. Helma Wennemers participaron dun encontro presencial que gozou dunha atmosfera moi inspiradora.

Tras unha sesión interna inicial, os membros da comisión reuníronse cos directores do CiQUS para facer un repaso do progreso nos últimos anos e debater sobre cuestións crave a nivel de centro. Ao día seguinte, tras entrevistarse durante gran parte da mañá cun bo número de investigadores do CiQUS, houbo tempo para unha visita ás instalacións e laboratorios. Pola tarde, o panel presentou as súas conclusións ante os Investigadores Principais do CiQUS, onde confirmaron a boa marcha do centro e destacaron, entre outras cousas, o éxito na captación de proxectos europeos e, particlarmente, do Consello Europeo de Investigación (6 proxectos ERC conseguidos nos últmos 4 anos). Máis tarde, o Vicerreitor de Política Científica da USC, Vicente Pérez Muñuzuri, uniuse á comisión e aos directores do CiQUS para compartir unha cea que serviu para poñer fin á visita.

A ESAB xoga un papel crucial no modelo de organización auto-esixente do CiQUS. As achegas deste comité de expertos, que proporciona asesoramento sobre o proxecto científico do centro e o rendemento dos seus investigadores, son imprescindibles para conseguir novos logros e avances no futuro. Desde o CiQUS queremos agradecer unha vez máis a todos os membros da ESAB polas súas valiosas contribucións durante estes días, así como o seu apoio e compromiso ao longo destes anos.

A Comisión Científica Asesora Externa (ESAB) supervisou o rendemento científico do CiQUS a semana pasada | CiQUS

 

Membros da ESAB e directores do CiQUS (esquerda a dereita): Luis Oro, Janine Cossy, Helma Wennemers, Dolores Pérez, Jiménez Barbero, José Luis Mascareñas and Miquel Pericás | CiQUS