Saá / Varela

Liñas de investigación

Ciclacións e heterociclacións catalizadas por metais de transición

Investigador(es) principal/principais

Membros do grupo

Lago Lorenzo, Laura

Inv. Predoutoral

Suárez Lustres, Alejandro

Inv. Predoutoral

Investigación

Catálise Organometálica: descubrimento de nova reactividad e aplicacións sintéticas

OMoléculas orgánicas que teñen gran importancia e son esenciais para o benestar da humanidade, coma os principios activos farmacéuticos, hidrocarburos derivados da industria química, novos materiais, etc., requiren, de forma urxente, dunha preparación máis sostible (cunha gran eficiencia atómica, sen xeración de residuos, etc.). A catálise é unha tecnoloxía clave para o futuro da sostibilidade, entre a que destaca a catálise organometálica. As nosas liñas de investigación están dedicadas ao descubrimento dunha nova reactividade a través da catálise organometálica e a súa aplicación en síntese de novas rutas sustentables de moléculas orgánicas, en particular aquelas que son bioactivas (naturais e sintéticas) e aquelas con propiedades electrónicas emerxentes (novos materiais orgánicos).

As actuais liñas de investigación son as seguintes:

Formación catalítica de enlaces amida/peptídicos

Pódese sintetizar eficazmente unha ampla gama de amidas primarias e secundarias mediante a amidación oxidante catalizada por Ru de alquinos terminais con aminas primarias e secundarias. A reacción ten lugar tanto en medios clorados coma acuosos, con interesantes aplicacións na química de péptidos. A variante intramolecular permite o acceso a lactamas bioactivas de tamaño medio.

Org. Lett. 2019, 21, 5346−5350              Synthesis 2020, 52, 2639-2649

 

Oxa- , aza- e oxaza- heterociclos bioactivos de cinco e seis membros

Sintetizáronse de forma eficiente 2-vinil dihidropiranos, 1,3-benzoxazinas, vinil epoxipirrolidinas e azaheterociclos de seis membros benzofusionados mediante heterociclizacións catalizadas por Ru de alquin(onas)ais, orto- (alquiniloxi)bencilaminas, aza-alquinais e o-alquinilanilinas con diazocompostos.

Angew. Chem. Int. Ed. 2014, 53, 5959-5963      ACS Catalysis 2015, 5, 6255-6262    Angew. Chem. Int. Ed. 2015, 54, 2724-2728       ACS Catalysis 2017, 7, 992-996        Org. Lett. 2020, 22, 2621–2625        Chem. Eur.J. 2020, 26, 7470 –7478 Synlett 2020, 31, 1147-1157

 

 

Azaheterociclos bioactivos de seis membros e HAPs N-dopados

Foron desenvolvidas anulacións oxidantes [5+2] catalizadas por metais de transición de guanidinas ou triflamidas con alquinos ou 1,3-dienos: i) os complexos de Rh (III) catalizan eficientemente a anulación de indolilguanidinas con alquinos a 1,3-benzodiazepinas (guanidinas pentacíclicas ) empregando simplemente O2 coma oxidante; ii) os complexos de Pd(II) catalizan eficientemente a anulación de fenetiltriflamidas con 1,3-dienos a 3-benzazepinas empregando Cu(OAc)2/O2 coma oxidante de maneira quimio-, rexio- e diastereoselectiva e con rendementos de bos a excelentes.

Org. Lett. 2019, 21, 1779-1783   Org. Lett. 2020, 22, 3591−3595        Adv. Synth. Catal. 2020, 362, 4861-4875

 

 

Sintetizáronse HAPs (hidrocarburos aromáticos policíclicos) dopados con N mediante unha dobre cicloadición oxidante [4+2] catalizada por Rh(III) entre 2-arilbencimidazoles e alquinos. O novo esqueleto de benzo[c,d] fluorantenio dopado con N posúe unha fluorescencia intensa, o que indica aplicacións prometedoras coma materiais optoelectrónicos.

Org. Lett. 2017, 19, 1702-1705