Este área de investigación, na fronteira entre a quimica supramolecular, a nanotecnología e a biomedicina, ten por obxectivo último descubrir novas ferramentas moleculares para a terapia e diagnosis de enfermidades prevalentes no século XXI, entre as que se atopan o cancro, o alzheimer ou as infeccións por bacterias multi-resistentes. As liñas de traballo inclúen desde aspectos básicos, tales como o estudo das bases moleculares de distintos procesos biolóxicos ata aspectos máis aplicados, como son o descubrimento de novos fármacos e o desenvolvemento de estratexias para a súa administración.