Novo éxito do CiQUS na convocatoria MSCA Postdoctoral Fellowships

16/02/2023

 


Las investigadoras Dr. Mayra Quemé (izq.) y Dr. Esperanza Padín (dcha.)

 


El Dr. Ahmad Tayyebi

 


O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) repite o éxito cultivado na pasada edición ao obter tres novos proxectos na convocatoria de 2022 Marie Sklodowska Curie Postdoctoral Fellowships (MSCA-PF). Nesta ocasión os beneficiarios son dúas investigadoras e un investigador que levarán a cabo os seus respectivos proxectos en distintos grupos de investigación do CiQUS durante os dous próximos anos.

Mayra Quemé centrarase na unión covalente de péptidos con agrupacións industriais de boro mediante química click. Xunto ao equipo de Javier Montenegro, buscarán deseñar vehículos moleculares máis controlables e menos tóxicos para atravesar a membrana celular aproveitando as propiedades supercaotrópicas que presentan os compostos de boro. Xa no grupo que lideran Beatriz Pelaz e Pablo do Piñeiro no CiQUS, o proxecto de Esperanza Padín recorrerá á técnica de ADN origami para sintetizar, de forma predicible e controlable, nanoestructuras de ADN de diferentes tamaños e formas. Deste xeito, tentarán xerar unha biblioteca de ADN origami, inspirada na forma e o tamaño de distintos virus, que axude a comprender mellor a resposta biolóxica dos obxectos a nano-escala. Pola súa banda, o investigador Ahmad Tayyebi incorporarase nos próximos meses ao grupo de María Giménez, onde tentarán desenvolver un dispositivo fotoelectroquímico para a produción de amoníaco de forma sostible mediante enerxía solar.

Os investigadores beneficiarios coinciden en sinalar o recoñecemento que supón a nova axuda MSCA-PF ao esforzo que veñen realizando durante anos en investigación, e destacan o impulso que significa nas súas respectivas carreiras.

Este prestixioso programa europeo busca potenciar a carreira de investigadores postdoutorais, e promove activamente a súa mobilidade internacional. Trátase dun programa altamente competitivo onde este ano seleccionáronse 1.235 propostas entre as 7.044 solicitudes que se presentaron en todas as categorías. Teniendo en cuenta estas tres novas incorporacións, son xa 12 os MSCA Fellows captados polo CiQUS neste programa, que se afianza como centro de atracción de talento internacional.