UNIASC – Segundo período

Obxectivos
Consolidar a Rede como un marco de investigación, desenvolvemento e innovación educativa capaz de idear e dispor espazos efectivos de comunicación para un mellor coñecemento e aproveitamento de experiencias e boas prácticas no ámbito universitario.
Afianzar a Rede como espazo idóneo para a análise e, no seu caso, avaliación da calidade dos procesos de aprendizaxe que teñen lugar na universidade.
Proxectar a Rede no contexto internacional, buscando alianzas estables con outros grupos e universidades, prestando especial atención ás institucións europeas e iberoamericanas
Vincular liñas de investigación dos grupos implicados, de modo que sexa posible unha maior rendibilidade de esforzos ao redor da explotación de resultados e a posibilidade de optimizar a transferencia de coñecemento.
Contribuír desde a Rede a unha mellor toma de decisións ao redor de políticas, programas, estratexias e prácticas de xestión educativa na universidade.
Grupos de investigación que integran a Rede
Grupo de Investigación ESCULCA - Coñecemento e Acción Educativa
GI-1790
Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Coordinación: Miguel A. Santos Rego
Grupo de Investigación en Pedagoxía Universitaria e Estratexias de Ensino-Aprendizaxe
GIPU-EA
Universidade de Valencia (UV)
Coordinación: Bernardo Gargallo López
Grupo de Investigación en Educación, Cidadanía e Carácter
GIEC
Universidade de Navarra (UNAV)
Coordinación: Concepción Naval Durán
Grupo de Investigación Cultura Cívica e Políticas Educativas
UCM930768
Universidade Complutense de Madrid (UCM)
Coordinación: Gonzalo Jover Olmeda
Grupo de Investigación Educación, Diversidade e Sociedade
SEJ-477
Universidade de Córdoba (UCO)
Coordinación: José L. Álvarez Castillo
Grupo de Investigación Investigación Pedagóxica da Persoa
HUM-403
Universidade de Sevilla (US)
Coordinación: Antonio Bernal Guerrero
Grupo de Investigación Teoría da Educación e Educación Social
HUM-169
Universidade de Málaga (UMA)
Coordinación: Julio Vera Vila
Grupo de Investigación Procesos, Espazos e Prácticas Educativas
GR 209
Universidade de Salamanca (USAL)
Coordinación: Ángel García del Dujo.
Actividades
III Simposio Internacional Aprendizaxe-Servizo na Universidade
29 de abril de 2021
Celebración da terceira edición do Simposio Internacional Aprendizaxe-Servizo na Universidade, que se centrou en analizar a vinculación da ApS coa empregabilidade, así como a calidade dos proxectos.
Coordinación dun número monográfico na revista Education Sciences
O coordinador da Rede UNIASC, o prof. Miguel A. Santos Rego, e a profesora Concepción Naval (UNAV), actuarán como editores dun número monográfico sobre “Transversal Competencies, Higher Education and Employment” na revista Education Sciences. A terceira editora será a profesora Sofía Castanheira Pais, da Universidade de Porto (Portugal). O prazo para o envío de textos definitivos será o 31 de decembro de 2021.
Celebración da reunión final da Rede de Excelencia UNIASC
No mes de decembro de 2020 tivo lugar a reunión final da Rede de Excelencia Universidade, Innovación e Aprendizaxe na Sociedade do Coñecemento.
Nesta reunión, que se celebrou telematicamente, avaliouse o plan de traballo desenvolto no bienio, á vez que se trazaron novas liñas de acción.
Coordinación dun número monográfico na Revista Frontiers in Education
O coordinador da Rede UNIASC, Miguel A. Santos Rego, e a membro da Rede Bibiana Regueiro (USC), coordinan xunto ao profesor Robert Bringle (IUPUI – EEUU) o monográfico “Service-learning, educational innovation and social transformation” na Revista Frontiers in Education (publicación dos artigos: ano 2021).
Seminario Nacional “El futuro de la formación del profesorado universitario”
Esta actividade celebrouse o día 12 de novembro de 2020. Nunha modalidade telemática por mor da pandemia da COVID-19, investigadores dos grupos de investigación que conforman a Rede UNIASC presentaron a situación actual da formación pedagóxica do profesorado universitario. O encontro contou con máis de 100 participantes procedentes de todo o territorio español, Portugal, Italia e Brasil.
Seminario de Doutoramento. O doutoramento en educación: rutas para xerar coñecemento
Esta actividade celebrouse o día 22 de xullo de 2020. Nunha modalidade mixta (presencial e telemática) debido á pandemia da COVID-19, investigadores dos grupos de investigación que conforman a Rede UNIASC e a Rede RIES presentaron os seus traballos de doutoramento. O encontro, do que xa se celebraron 6 edicións, configúrase como un espacio de intercambio e reflexión entre os investigadores en formación das Redes de Investigación que o organizan.
Programa Seminario de Doutoramento 2020
Seminario “La internacionalización de la investigación y la innovación en las Ciencias de la Educación”
Esta actividade que celebramos o 17 de febreiro de 2020 na Universidade de Salamanca contou coa participación das 8 universidades que compoñen a Rede. Este Seminario tivo como finalidade promover proxectos europeos de investigación e como situar os resultados en revistas de impacto no ámbito das Ciencias da Educación.
Publicación do libro “La transferencia de conocimiento en educación”.
No ano 2020 publicouse o libro “La transferencia de conocimiento en educación. Un desafío estratégico” (Narcea). Dita obra, coordinada polo IP da Rede UNIASC, o prof. Miguel A. Santos Rego, recolle traballos derivados da celebración da xornada “La transferencia de conocimiento en educación. Un valor estratégico”, organizada pola Rede.
Seminario “La transferencia de conocimiento en educación. Un valor estratégico”.
Celebrado o 26 de febreiro de 2019 na USC.
O seminario contou co apoio do Campus da Cidadanía e da Vicerreitoría de Investigación e Innovación da Universidade. Tamén é destacar a colaboración da Secretaría Xeral de Universidades (Xunta de Galicia) e da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
Taller de Doutoramento da Rede na USC.
Permite aos investigadores/as en formación compartir e debater as liñas fundamentais do seu traballo e as súas experiencias con investigadores sénior, que lles orientan na traxectoria académica.
II Simposio Internacional Aprendizaxe-Servizo na Educación Superior.
Maio de 2018, USC.
Simposio realizado coa colaboración, entre outras institucións, da Escola Galega de Administración Pública (ver DOG 2/4/2018) e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
Reunión de traballo do equipo da Rede.
O 26 de setembro de 2018 tivo lugar a primeira reunión de traballo da Rede na Universidade Complutense de Madrid (UCM). Esta reunión tiña dous obxectivos: por unha banda, establecer un amplo debate sobre un documento de traballo previo por parte de todos os IP sobre a transferencia de coñecemento en educación; e por outro, establecer o plan de traballo para os próximos meses coa asunción de responsabilidades por parte dos responsables dos grupos.
Plan de mobilidade de persoal investigador.
Este plan activouse cunha estancia de investigación na Universidade de Santiago de Compostela do investigador Antonio R. Cárdenas Gutiérrez, Profesor Axudante Doutor da Universidade de Sevilla; e da profesora Natalia Verea García da Universidade de Navarra.