Aprender a aprender cos deberes

Titulación

Grao en Mestre de Educación Primaria e
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e Primaria

Materia

Deseño, Desenvolvemento e Innovación curricular

Curso

2º curso

Profesorado

Isabel Dans de Sotomayor (coordinadora)
Cristina Varela Portela (curso 2020/2021)

Cursos académicos de desenvolvemento

2020/2021
i

Convocatorias

V Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa en ApS
O servizo á comunidade
As aprendizaxes
A reflexión
A avaliación
Vinculación con ODS
Difusión

O servizo á comunidade

Obxectivo global do proxecto

Parte do alumnado de Educación Primaria da cidade de Santiago de Compostela sufre unha situación de exclusión indirecta no ámbito do apoio escolar. Pola súa situación socioeconómica, moitas veces trátase de poboación migrante cun desfase curricular importante e por esta razón necesitan un reforzo extra á labor que realiza a escola de forma ordinaria.

Este proxecto pretende facilitar a educación complementaria de nenas e nenos en risco de exclusión a través do traballo de estudantes futuras mestras e mestres do Grado de Mestres/as en Educación Primaria.

Fases do proxecto

1. Preparación

    • Presentación do proxecto na aula
    • Entrevista coas entidades colaboradoras das persoas voluntarias
    • Reunión inicial de coordinación

2. Execución

    • Clases de apoio semanais (2 horas ou máis) con supervisión pola coordinadora do proxecto
    • Reunión de seguimento e deseño de novas accións
    • Posta en común na aula con todo o grupo-clase: segundo a técnica do caso: descubrimentos, problemas e posibles solucións.

3. Peche

    • Celebración dun pequeno evento final de despedida
    • Presentación na aula ao remate do semestre e elaboración dunha memoria escrita ou en formato de vídeo.

Responsabilidades do alumnado

O alumnado comprométese a contactar coa entidade organizadora das clases e a acudir á formación que se organice, seguindo as súas indicacións en todo momento.

Así mesmo, é responsabilidade do alumnado o seguimento do alumno ou alumnos encomendados para a súa mellora académica e persoal, dado que imparten apoio escolar, pero exercen tamén labores de titoría persoal e comunicación coas familias dos menores.

Por último, deben presentar evidencias das actividades realizadas durante as clases e as reflexións que suscitou o proceso.

As aprendizaxes

…..Segundo o programa da materia (Deseño, Desenvolvemento e Innovación curricular) cúmprense os cinco obxectivos expostos a continuación:

  • Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino-aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais.
  • Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores de formación cidadá.
  • Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
  • Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educativa da función docente e fomentar unha educación democrática para unha cidadanía activa.
  • Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes”.

Actividades de preparación que o alumnado recibe antes e durante o servizo:

  • Sesións de información sobre o que é ApS na aula.
  • Aporte de enlaces e documentación sobre ApS.
  • Reunión de motivación coas persoas interesadas para consultar dúbidas.
  • Formación didáctica sobre como ensinar en liña e en presencial.
  • Formación especializada a cargo da asociación colaboradora sobre o trato con menores en risco de exclusión.
  • Reunións de seguimento grupais coas profesoras e titorías individuais.

As cinco competencias máis traballadas no desenvolvemento do proxecto:

  • Capacidade de planificación, coordinación e organización.
  • Capacidade para a resolución de problemas.
  • Capacidade para a toma de decisións.
  • Capacidade para a utilización das TIC.
  • Capacidade de síntese.

A reflexión

Momentos de reflexión: ao inicio, durante as actividades e ao final.

Temas tratados:

  • Problemas e conflitos xurdidos na comunicación ou na relación con menores ou coas súas familias.
  • Dúbidas sobre a aprendizaxe da materia (Deseño, desenvolvemento e innovación curricular) e, especificamente, intercambio de boas prácticas para ensinar en liña.
  • Compartir as emocións vividas.
  • Valoración das actitudes de servizo e outras virtudes que favorecen o bo clima e desempeño.

A avaliación

Axentes de avaliación:

  • Profesoras universitarias
  • Alumnado mediante un portafolio onde autoavalían o seu desempeño e valoran a actividade.
  • Entidades: dando feedback por escrito á coordinadora durante e ao final do proxecto.

Seguimento

Contacto permanente coas entidades colaboradoras e o alumnado implicado, con feedback semanal. Reunións grupais mensuais.

A vinculación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 4: Educación de calidade

4. Educación de calidade

Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas as persoas.

Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 10: Redución das desigualdades

10. Redución das desigualdades

Reducir a desigualdade en e entre os países.

Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 17: Alianzas para lograr os obxectivos

17. Alianzas para lograr os obxectivos

Revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible.

Difusión

Dans, I., e Varela, C. (2021). Digitalización, compromiso y resiliencia. Proyecto de aprendizaje-servicio con futuros docentes. Edutec. Revista Electrónica de Tecnología Educativa, 78, 85-98. https://doi.org/10.21556/edutec.2021.78.2233

Dans, I., e Varela, C. (2021). Aprender a aprender cos deberes. Boletín Rede RIES, 20, 2-3. http://redries.usc.es/index.php/xornadas/24-actividadesrede/boletin#