A educación ten faciana de muller
Titulación
Grao en Mestre/a de Educación Primaria e Dobre Grao en Mestre/a de Educación Infantil e Primaria
Materia
Teoría e Historia da Educación Escolar
Curso
1º curso
Profesorado
Patricia Alonso Ruido (coordinadora)
David García Romero
Jesica Núñez García
Cursos académicos de desenvolvemento
2022/2023; 2023/2024; 2024/2025
Convocatorias
VII, VIII e IX Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa en ApS
O servizo á comunidade
As aprendizaxes
A reflexión
A avaliación
Vinculación con ODS
Difusión
O servizo á comunidade
Descrición da necesidade social
O Proxecto aquí presentado ten unha traxectoria que se ancora no Proxecto de ApS “Construíndo a historia da educación en Galicia” desenvolto na materia “Teoría e Historia da Educación Escolar” entre os cursos 2019 -2021. Na citada materia o alumnado realiza unha viaxe desde as principais figuras pedagóxicas da ilustración ata as/os referentes contemporáneos. Con todo, a pesar de que na actualidade a historiografía galega é basta, a atención as mulleres que contribuíron a sentar as bases do fenómeno educativo é aínda escasa. A pesar de que na materia se presta atención a mulleres relevantes neste campo como Helen Parkhurst ou Elise Freinet, é necesario traballar a mulleres próximas as estudantes. Referímonos a mestras, pedagogas e mulleres no eido da educación en Galicia, que son absolutas descoñecidas para a maioría do alumnado, pese a constituír un espazo tradicional e estereotipicamente asignado as mulleres como é a educación. Neste sentido, o proxecto non só trata de comprometerse con esta realidade, senón que vai mais aló, da resposta á unha necesidade social e educativa: educar dende perspectiva de xénero (ODS 5).
Deconstruír a pegada androcéntrica neste eido é unha necesidade que se estende máis alá da propia materia, sendo necesaria dunha maneira transversal nas titulacións educativas, que seguen rexidas por referentes masculinos. Desta maneira, apuntamos á Facultade de Ciencias da Educación para visibilizar a educadoras que, a pesar de vivir no ostracismo social e cultural, formaron parte da historia da educación.
Descrición das fases da experiencia
A materialización desta proposta iníciase coa presentación ao alumnado do Proxecto como unha das opcións de traballos grupais na materia [Fase I]. Desta forma, preséntaselles o obxectivo: poñer en valor a mestras e educadoras de Galicia que contribúan coa súa traxectoria persoal e profesional á construción da historia da educación. Así, comezan coa creación de grupos de non máis de cinco integrantes, para evitar o efecto polizón. Así, cada agrupamento deben seleccionar a dúas referentes no eido da educación, sobre as que centrará a súa análise e investigación. Este proceso estará mediado e guiado pola docente da materia.
Para iso, o estudantado debe realizar un proceso de procura de información [Fase II] indagando en fontes secundarias (revisión bibliográfica, audiovisual…); e/ou dirixíndose directamente á fonte primaria cando sexa posible, entrevistando ás protagonistas. De feito, poderán traballar a mestras/pedagogas que coñezan de primeira man por ser pioneiras ou innovadoras no eido educativo na actualidade ou mestras do rural esquecidas pola historia.
Posteriormente, deben elaborar un informe sobre a autora traballada [Fase III] achegando os seus datos sociodemográficos, traxectoria docente e profesional, influencias pedagóxicas e achegas á cultura e educación galega. Este traballo escrito é só unha parte da súa tarefa, xa que o Proxecto pretende dar un paso máis facendo chegar á comunidade as traxectorias das figuras traballadas. Deste xeito, en primeiro lugar, as/os estudantes elaboraran un póster [Fase IV] cun formato preestablecido no que se plasmarán os datos demográficos básicos de cada mestra e educadora, catro ideas clave que definen a súa traxectoria e achegas á cultura e educación en Galicia, ademais dunha frase célebre ou idea fundamental da educadora traballada. Estes pósters formarán parte de paneis informativos nunha exposición que será inaugurada na Facultade de Ciencias da Educación da USC. Esta é sen dúbida a esencia do Proxecto. Non obstante, o servizo xerado non só debe impactar na realidade offline, senón que tamén debe xerar pegada no espazo virtual. Polo que estes documentos tamén serán expostos no perfil de Instagram e no perfil da rede social Facebook do GI-ESCULCA (grupo de investigación ao que se circunscribe este Proxecto). Así, preténdese dar visibilidade a estes perfís de mestras/pedagogas invisibilizadas na historia por medio de diferentes actos públicos de recoñecemento.
Dende o curso 2023/2024, amplíanse a exposición a diversos centros educativos, tanto de educación primaria como de secundaria.
O proxecto alcanzou o segundo premio nos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero (2024) na categoría docencia. Na seguinte ligazón pode consultar máis información: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/docencia-investigacion-transferencia/premios-introducion-perspectiva-xenero/premios-introducion-perspectiva-xenero-2024.
As aprendizaxes
O proxecto permite ao alumnado aprender contidos propios da materia e desenvolver outras competencias da titulación, á vez que xera un servizo á comunidade. Neste sentido atende ao desenvolvemento de competencias relacionadas coa documentación e consulta de fontes para procurar información; desenvolve a súa dimensión social (competencias de cooperación, de xestión de conflitos…); favorece as habilidades dixitais, así coma a destreza para a creación de materiais educativos, organizando e sistematizando información; ou incentiva a conciencia crítica ao reflexionar sobre a pegada androcéntrica que fai invisibles ás mulleres que estean a estudiar fomentándose así unha cidadanía activa y democrática.
Paralelamente, tendendo pontes directos coa historia da educación, a abordaxe do informe escrito permitirá que enmarquen a cada mestra nun contexto temporal concreto e no movemento ou corrente educativa correspondente (bloques II e III da materia), o que lles permitiu entender as influencias reflexadas no seu quefacer pedagóxico.
Igualmente, o proxecto permite ao alumnado aprender contidos propios da materia, desenvolve outras competencias da titulación á vez que xera un servizo á comunidade. Neste sentido atende ao desenvolvemento de competencias relacionadas coa documentación e consulta de fontes para procurar información; desenvolve a súa dimensión socio relacional (competencias de cooperación, de xestión de conflitos…); favorece as habilidades dixitais, así coma a destreza para a creación de materiais educativos, organizando e sistematizando información; ou incentiva a conciencia crítica ao reflexionar sobre a pegada androcéntrica que invisibiliza ás mulleres que estean a estudiar fomentándose así unha cidadanía activa y democrática. En definitiva, o proxecto articúlase desde os marcos da Pedagoxía Feminista que permiten desenvolver a perspectiva de xénero na materia tanto de forma transversal coma específica.
A reflexión
O proceso de reflexión neste proxecto é continuado ao longo da materia e, por tanto, durante todo o proceso de elaboración do tarefa que articula o proxecto. O desenvolvemento da conciencia crítica é condición sine qua non na formación das futuras/os mestras/es. Este pensamento reflexivo de cuestionamento do status quo androcéntrico, polo que se ten convertido nunha estratexia para “por as gafas de xénero” que permitan unha mirada crítica aos referentes. Porque “O Emilio da Educación” é un manual de referencia clave, pero a “educación” de Sofía que reflexa este manual é algo sobre o que tamén temos que discutir nas aulas.
Neste senso, polo menos unha vez ao mes o estudantado implicado no proxecto compartirá co gran grupo os avances, problemáticas, desafíos ou trabas que están tendo no desenvolvemento particular das iniciativas. Despois, entre todas e todos establécese un debate no cal se buscan puntos en común e solucións que permiten continuar o traballo. Nestas sesións o profesorado aproveita para evidenciar os contidos curriculares e a súa concreción na práctica.
O seguimento se realizará tamén de forma individualizada con cada un dos grupos de traballo o que permitirá avaliar os avances e dificultades de forma concreta, analizando as particularidades de cada plan de traballo elaborado. Así, o proceso reflexión finalizará na sesión final grupal coa presentación dos traballos. Este último momento adquire un gran valor pedagóxico ao configúranse como o momento clave para a reflexión conxunta entre estudantado implicado no proxecto e o gran grupo. A análise das visións pedagóxicas das pedagogas, mestras e educadoras traballadas permite establecer sinerxías así como desenterrar traxectorias de referentes da educación que, aínda nos nosos días, teñen sido invisibilizadas polo seu sexo.
A avaliación
A avaliación farase no marco da materia, e terá unha valoración dun 25% sobre a cualificación total. Para elo, o alumnado deberá elaborar unha memoria do proxecto onde se recolla o proceso seguido, o material consultado, e a información resultante (15%), e posteriormente deberá facer unha exposición pública con pósters das autoras traballadas onde se valorará a calidade do soporte e o discurso utilizado na súa presentación (10%).
A vinculación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

4. Educación de calidade

5. Igualdade de xénero
Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas.

16. Paz, xustiza e institucións sólidas
Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas.