Mobilising university-community resources through SL(M) for the inclusion of migrants/refugees

Proxecto de investigación centrado en personas migrantes/refuxiadas en Europa que traballarán co estudantado universitario nun proceso de reciprocidade formativa e innovación social, a través da aprendizaxe-servizo

Proxecto cofinanciado polo Programa Erasmus+ da Unión Europea no que a acción está centrada nas personas migrantes/refuxiadas en Europa que traballarán conxuntamente cos e coas estudantes da Universidade para identificar necesidades, formular accións, e involucrarse nun proceso de reciprocidade formativa e innovación social, a través da aprendizaxe-servizo.

O proxecto “Mobilising university-community resources through SL(M) for the inclusion of migrants/refugees”, confinanciado polo Programa Erasmus+ da Unión Europea, é coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela e conta coa participación de dúas universidades europeas, a University of Galway (Irlanda) e a Università di Verona (Italia), e dúas entidades sociais, ACCEM (España) e Glocal Factory (Italia).

Logotipo del proyecto Erasmus+ Service-Learning Migrants/Refugees

Obxectivos

N
Favorecer a inclusión social, como proceso bidireccional, de cidadáns/as de terceiros países en Europa.
N

Formar aos/as estudantes universitarios/as en competencias cívicas e sociais.

N

Contribuír ao incremento do capital social e cultural do alumnado universitario e das persoas migrantes/refuxiadas a través de redes de traballo colaborativo, reciprocidade e apoio social.

N
Analizar o papel das Universidades no proxecto social e intercultural europeo.
N

Fortalecer o desenvolvemento da sociedade civil europea desde a participación de comunidades locais traballando en rede.

N

Promover a ApS na Universidade como metodoloxía de aprendizaxe social.