UNIASC – Primeiro período

Obxectivos

7

Constituir e articular unha rede de investigación, desenvolvemento e innovación educativa capaz de idear e dispoñer espazos efectivos de comunicación para un mellor coñecemento e aproveitamento de experiencias e boas prácticas no ámbito da Universidade.

7
Proxectar a Rede no contexto internacional, buscando alianzas con outros grupos e universidades. prestando especial atención ás institucións europeas.
7

Mellorar a transferencia de coñecemento desde a investigación ás políticas e prácticas de xestión universitaria.

Grupos de investigación que integran a Rede

Grupo de Investigación ESCULCA - Coñecemento e Acción Educativa

GI-1790

Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Coordinación: Miguel A. Santos Rego

Grupo de Investigación en Pedagoxía Universitaria e Estratexias de Ensino-Aprendizaxe

GIPU-EA

Universidade de Valencia (UV)

Coordinación: Bernardo Gargallo López

Grupo de Investigación en Educación, Cidadanía e Carácter

GIEC

Universidade de Navarra (UNAV)

Coordinación: Concepción Naval Durán

Grupo de Investigación Cultura Cívica e Políticas Educativas

UCM930768

Universidade Complutense de Madrid (UCM)

Coordinación: Gonzalo Jover Olmeda

Actividades

I Simposio Internacional Aprendizaxe-Servizo na Educación Superior: Innnovación, Calidade e Institucionalización.

Celebrado na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o 27 de maio de 2015 e realizado co apoio, entre outras instituciones, da Escola Galega de Administración Pública (ver DOG 28/4/2015) e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Analizáronse as posibilidades de aplicación e desenvolvemento desta metodoloxía, vinculada a patróns de mellora cognitiva e social dos alumnos, no contexto universitario español, partindo da dilatada experiencia doutros países de Europa e América.

Programa (pdf)

Encuentro Iberoamericano Aprendizaje On-line y nuevos modelos de universidad.

Desenvolvido na Universidade Complutense de Madrid (UCM) os días 18 e 19 de xuño de 2015 como un foro de debate sobre os modelos pedagóxicos da aprendizaxe on-line na universidade.

Programa do encontro (pdf)

Seminario Interuniversitario Aprendizaje y Enseñanza en la Universidad del Siglo XXI.

Espazo de encontro de especialistas nacionais e internacionais para analizar os resultados de investigación entorno ás estratexias de aprendizaxe no marco universitario. Celebrouse na Universidade de Valencia o 25 de xaneiro de 2016.

Programa do Seminario (pdf)

Publicación do libro “Sociedad del Conocimiento: Aprendizaje e Innovación en la Universidad” na editorial Biblioteca Nueva.

Seminario Interuniversitario Innovación, Calidad y Reputación en la Universidad.

Convocado na Universidade de Navarra o 2 de xullo de 2016 para traballar a relación entre universidade, calidade e reputación.

Programa do Seminario (pdf)

Seminario de Doutoramento da Rede “El Doctorado en Educación y la Sociedad del Conocimiento”.

Celebrado na Universidade de Santiago de Compostela o 4 de novembro de 2016 e xestionado polos investigadores/as en formación.

Programa do Seminario (pdf)

VII Congreso Nacional y II Internacional de Aprendizaje-Servicio Universitario.

Asistiron máis de 200 investigadores/as de universidades españolas e procedentes doutros países: Cabo Verde, Alemaña, Israel, México, Chile, Bélxica, Porto Rico, EEUU, Irlanda, Portugal, Perú e Colombia.

O Congreso tivo o apoio, entre outras institucións, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, o Valedor do Pobo, e a Sociedade Española de Pedagoxía.

Celebrouse na Universidade de Santiago de Compostela (13-15 de outubro de 2016).

Programa do congreso (pdf)

Seminario Nacional “Las revistas científicas en educación y la sociedad del conocimiento”.

Desenvolveuse o 26 de abril de 2017 na Facultade de Ciencias da Educación da USC (Campus Vida).

Díptico/Programa (pdf)