Proxecto EXCORAS

Expresión Corporal Aprendizaxe-Servizo
Aprendizaxe experiencial a través do movemento na Educación Infantil

Titulación

Grao en Mestre/a de Educación Infantil

Materia

Motricidade Infantil e Didáctica da Expresión e Comunicación Corporal

Curso

3º curso

Profesorado

José Eugenio Rodríguez Fernández (coordinador)
Javier Rico Díaz

Cursos académicos de desenvolvemento

2018/2019; 2019/2020; 2020/2021; 2021/2022

i

Convocatorias

III, IV, V e VI Convocatorias de Proxectos de Innovación Educativa en ApS

O servizo á comunidade
As aprendizaxes
A reflexión
A avaliación
Vinculación con ODS
Difusión

O servizo á comunidade

Obxecto e finalidade do proxecto

Este proxecto combina a creación de recursos lúdico-educativos vinculados á motricidade infantil e á expresión e comunicación corporal co deseño e desenvolvemento de propostas didácticas para desenvolver con nenos e nenas de 0 a 6 anos (Etapa Educación Infantil).
Durante estes 4 anos do proxecto o servizo á comunidade desenvolveuse de forma directa presencial e/ou virtual coa Asociación Cultural Recreativa Os Tilos (Teo) e coa Rede de Centros Socioculturais de Santiago de Compostela. Non obstante, ao crear recursos on-line, o servizo estendeuse a moita máis poboación (nenos e nenas, familias, docentes, etc…).
Este proxecto intensificou a súa presenza social coa chegada da pandemia da COVID-19 pola necesidade de xerar recursos lúdico-educativo accesibles para a poboación infantil, familias e docentes, tanto durante o confinamento como no proceso de adaptación nas aulas ao novo contexto sociosanitario.

Responsabilidades asumidas polo alumnado

O alumnado organizouse en grupos de traballo tanto para a parte organizativa como para o deseño dos recursos e das actividades. En primeiro lugar sempre levan a cabo unha diagnose do contexto, intereses e motivación da comunidade á que se dirixe o proxecto. A continuación, levan a cabo accións de debate e discusión para fundamentar o proxecto e levar a cabo o seu deseño da man das entidades colaboradoras. Posteriormente, cada grupo de actividade e recursos deseña as súas propostas en torno ao contido das materias do Grao implicadas. Finalmente publícanse os recursos e desenvólvense as actividades no contexto real -excepto en período de restricións sanitarias- e realízase a avaliación correspondente e a difusión do proxecto.
En definitiva, o profesorado ten un papel de guía-mediador, pero o papel protagonista no deseño e desenvolvemento do proxecto teno o alumnado.

As aprendizaxes

Relación entre o servizo realizado e os contidos das materias

Este proxecto desenvólvese no marco das materias de “Motricidade Infantil” e “Didáctica da Expresión e Comunicación Corporal”, ámbalas dúas co terceiro curso do Grao en Mestre/a de Educación Infantil, no 1º e 2º semestre respectivamente.
De forma xeral, no contexto destas materias, os contidos abordados no proxecto son:

  • Bases do desenvolvemento motor.
  • Didáctica da motricidade infantil e da expresión e comunicación corporal.
  • Deseño de propostas didácticas.
  • Metodoloxías no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
  • O xogo como recurso metodolóxico.
  • Valores sociais e persoais.
  • Competencia dixital.
  • A avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe.

Actividades de preparación que o alumnado recibe antes ou durante o servizo

As primeiras sesións expositivas e interactivas das materias dedícanse á explicación de proxecto integrais e/ou interdisciplinares en Educación Infantil a través de, por exemplo, a aprendizaxe-servizo. Unha vez que coñecen o punto de partida, o alumnado decide se quere participar ou non na iniciativa. Nestes catro anos de duración do proxecto, excepto o alumnado de dispensa, todo o grupo decidiu participar no proxecto EXCORAS.
Isto facilita que durante o semestre, a medida que se vai desenvolvendo o ApS vanse realizando dinámicas formativas e de seguimento concretas en torno ao proxecto nas propias sesións expositivas e interactiva.

    Competencias máis traballadas no desenvolvemento do proxecto

    • Saber aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    • Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    • Promover e facilitar as aprendizaxes na primera infancia, desde una perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
    • Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente.
    • Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela no alumnado.
    • Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
    • Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
    • Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
    • Entender as necesidades e intereses da comunidade e deseñar propostas educativas para darlles cobertura.

    A reflexión

    A reflexión do proxecto levouse a cabo entre o profesorado e o alumnado durante todas as fases do proxecto. Nalgunhas sesións tamén participaron representantes das entidades colaboradoras e, durante a implementación do proxecto, semanalmente envían por correo electrónico as súas reflexións sobre o proceso.
    As dinámicas de reflexión orientáronse a:

    • Fase de diagnose: Debate sobre as necesidades do contexto no que se vai a levar a cabo a intervención, elementos do entorno que se deben ter en conta, visión sobre a dimensión e impacto do proxecto, establecemento das fases do proxecto.
    • Fase de deseño: debate e discusión sobre as ideas propostas, análise de pros e contras, fío condutor de ser necesario, estrutura da proposta, distribución de tarefas e calendario.
    • Fase de implementación: debate comparativo pre-post elaboración de recursos e desenvolvemento das actividades insitu (semana previa e posterior a cada hito para incidir nas diferenzas entre o que se prevía e o resultado).
    • Fase de avaliación: repaso da planificación prevista comparando co proceso levado a cabo e co resultado final, incidindo nas causas dos acertos e dos erros cometidos.

    A avaliación

    Na avaliación participa tanto o profesorado das materias como o alumnado. Ás entidades colaboradoras tamén se lles pide unha valoración final do proxecto.
    Para avaliar o proxecto establécense varios instrumentos:

    • Memoria/portfolio compartido en TEAMS que, desde a primeira sesión ata a última, o alumnado vai cumprimentando segundo os fitos que se van establecendo. Este documento será avaliado polo profesorado.
    • Cuestionarios on-line a cubrir polo alumnado:
      • Avaliación inter-grupo. Cada grupo avalía a participación, implicación e calidade e pertinencia do traballo realizado polo resto dos grupos.
      • Avaliación intra-grupo comisións de traballo. Cada persoa de cada grupo de comisión de traballo (web, comisión pedagóxica, blogs, comunicación, RRSS, etc.) avalia aos seus compañeiros e compañeiras de grupo.
      • Avaliación intra-gupo actividades. Cada persoa de cada grupo de actividade (sesións e recursos TIC) avalia aos seus compañeiros e compañeiras de grupo.
      • Autoavaliación.

    A vinculación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

    Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 3: Saúde e benestar

    3. Saúde e benestar

    Garantir unha vida sa e promover o benestar en todas as idades é esencial para o desenvolvemento sostible.

    Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 4: Educación de calidade

    4. Educación de calidade

    Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas as persoas.

    Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 5: Igualdade de xénero

    5. Igualdade de xénero

    Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas.

    Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 10: Redución das desigualdades

    10. Redución das desigualdades

    Reducir a desigualdade en e entre os países.

    Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 11: Cidades e comunidades sostibles

    11. Cidades e comunidades sostibles

     

    Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 16: Paz, xustiza e institucións sólidas

    16. Paz, xustiza e institucións sólidas

    Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas.

    Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 17: Alianzas para lograr os obxectivos

    17. Alianzas para lograr os obxectivos sostibles

    Revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible.

    Difusión

      Publicacións

      Rodríguez-Fernández, J. E. (25 de mayo de 2018). Proyecto EXCORAS: Aprendizaje experiencial en el área de Didáctica de la Expresión Corporal (USC) [Comunicación en póster]. II Simposio Internacional de Aprendizaje-Servicio en la Universidad-Cuidando el aprendizaje y el capital social de los estudiantes.  Universidade de Santiago de Compostela.

      Rodríguez Fernández, J. E., Sotelino Losada, A. e Cambeiro Lourido, M. C. (2017). Proyecto Excoras: Expresión Corporal y Aprendizaje-Servicio en la Universidad de Santiago de Compostela. En V. Martínez, N. Melero, E. Ibáñez y M. C. Sánchez (Eds.), El aprendizaje-servicio en la universidad. Una metodología al servicio de la justicia social y el desarrollo sostenible (pp. 263-267). Comunicación Social.

      Rico Díaz, J., e Rodríguez Fernández, J. E.  (2021). As aventuras de Luli: expresión corporal e motricidade infantil a través da aprendizaxe-servizo. En D. Gonçalves, G. Gomes de Menezes, J. Fernández Rodríguez, C. Ricoy Lorenzo, M. Castro Rodríguez, S. López Gomez, J. Rodríguez Rodríguez, e X. Cid Fernández (Coords.), Atas do V Congresso Internacional – Fenda Digital: videojogos, a ludificação e a aprendizagem baseada em jogos (pp. 195-204). ESEPF. http://hdl.handle.net/20.500.11796/3104

      Rico Díaz, J., e Rodríguez Fernández, J. E. (2020). #NÓSXOGAMOSNACASA, recursos lúdico-educativos para un confinamento en familia. Revista Galega de Educación, 36-39.

        Enlaces

        Curso 2019/2020: “#NÓSOXGAMOSNACASA”

        Curso 2020/2021: “As aventuras de Luli”

        Curso 2021/2022: “Oficios en miúdo”

        Novas

        Curso 2019/2020: “#NÓSOXGAMOSNACASA”
        Curso 2020/2021: “As aventuras de Luli”
        Curso 2021/2022: “Oficios en miúdo”