Ignacio Insua López

Tel.: 
+34 8818 15744
Email: 
ignacio.insua.lopez [at] usc.es
Grupo de investigación: 
Investigador Ramón y Cajal

Ignacio Insua é Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Química pola University of Birmingham (Reino Unido, 2017) baixo a supervisión do Dr. Francisco Fernández-Trillo. A súa tese foi enfocada no desenvolvemento de nanopartículas antimicrobianas obtidas por ensamblaxe supramolecular de polímeros e péptidos. Fixo unha primeira estancia postdoutoral na University of Melbourne (Australia) no grupo do Prof. Greg Qiao, e un segundo postdoc co Prof. Javier Montenegro (CiQUS-USC), encadeando programas altamente competitivos (Juan de la Cierva, Marie Skłodowska-Curie Actions e Ramón y Cajal).

A comezos do 2023, Ignacio estableceu o seu propio laboratorio centrado no deseño racional e síntese de péptidos como monómeros supramoleculares para a fabricación de nanomateriais. A súa investigación vai enfocada cara unha aplicación biomédica, incluíndo o uso de nanoestruturas como axentes citotóxicos (antimicrobianos e antitumorais) e a fabricación de células sintéticas mínimas ou protocélulas. No 2024, Ignacio obtivo o apoio do European Reseach Council mediante unha Starting Grant para desenvolver unha nova xeración de antibióticos supramoleculares.