Pablo del Pino González

Tel.: 
+34 8818 15711
Email: 
pablo.delpino [at] usc.es
Grupo de investigación: 
Profesor Titular
 

Pablo del Pino é Licenciado en Física (2002) pola Universidade de Sevilla e Doutor en Ciencias (Dr. rer. nat., 2007) pola Technische Universität München (TUM), onde desenvolveu o seu traballo de doctorado en Biofísica Molecular baixo a supervisión do Prof. Fritz G. Parak. foi investigador postdoctoral nos grupos do Prof. Wolfgang J. Parak (Center of Nanoscience at Ludwig-Maximilian Universität LMU München, 2007-2009; AG Biophotonik, Philipp-Universität Marburg, 2012 e 2016) e do Dr. Jesús M. de la Fuente (Instituto de Nanociencia de Aragón INA, 2009-2012).

Trala súa etapa postdoctoral foi investigador ARAID (INA, 2013) e investigador co-responsable do grupo Bioengieneered Particles (CIC biomaGUNE, 2013-2015). En 2016 trasladouse á USC como investigador “Ramón e Cajal” (convocatoria 2014) adscrito ao Departamento de Física da Materia Condensada (USC) e ao  CIQUS, onde lidera o grupo  BioNanoTools.

A nosa investigación céntrase no desenvolvemento de materiais para aplicacións en biología e medicina. Deseñamos, sintetizamos e optimizamos nano- e micro-materiais con aplicacións en terapia, diagnóstico e imaxe. Traballamos na fronteira entre a ciencia de materiais, a biología e a medicina, co obxectivo de producir a próxima xeración de materiais multifuncionales.