Diego Peña Gil
O Prof. Peña licenciouse en Química en 1998 na Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén realizou a súa tese doutoral baixo a dirección dos Profs. Enrique Guitián e Dolores Pérez, no campo das reaccións de cicloadición de arinos catalizadas por complexos de metais de transición (2001, Premio Extraordinario).
Realizou estancias predoctorales nos grupos dos profesores Eric N Jacobsen (1999, Harvard University), Paul Knochel (2000, LMU, Munich) e Antonio M. Echavarren (2001, UAM, Madrid). Durante os anos 2002 e 2003 gozou dunha estancia postdoutoral no grupo de Ben L. Feringa (Marie Curie Fellowship, Groningen University, Holanda) traballando en catálisis asimétrica, realizando estancias breves no grupo de Hans de Vries da empresa DSM (Geleen, Holanda).
No ano 2004 reincorporouse á Universidade de Santiago de Compostela (USC) como investigador Ramón e Cajal. En 2008 foi nomeado Profesor Titular na USC, promocionando a Catedrático de Química Orgánica en 2020 (actualmente en período de excedencia). En 2024 obtivo unha praza de Profesor de Investigación Oportunius no CiQUS.
No ano 2018 foi recoñecido coa medalla Ignacio Ribas do grupo especializado de Química Orgánica da Real Sociedad Española de Química (RSEQ). En 2020 recibiu unha axuda ERC Synergy Grant (MolDAM) xunto a Leo Gross (IBM Research Zúric) e a Jascha Repp (Universität Regensburg). En 2022 foi galardoado co Premio de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e en 2023 recibiu o Premio á Excelencia Investigadora da RSEQ. En 2024 obtivo a Medalla Antonio Casares Rodríguez outorgada pola RAGC.
As súas principais liñas de investigación tratan o desenvolvemento de novas metodoloxías sintéticas, a síntese de compostos policíclicos aromáticos, a preparación de grafenos nanoestructurados ben definidos, e o desenvolvemento da química en superficie e as reaccións de moléculas individuais.