O CiQUS acolle un encontro promovido por GAIN cos últimos investigadores adscritos a este prestixioso programa da Xunta de Galicia | foto: Xunta de Galicia
María Giménez, Diego Peña e Manuel Souto son os tres últimos investigadores do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) adscritos ao programa Oportunius. Xunto a Yolanda Prezado (CiMUS) e Carlos Sebastián Villasante (CRETUS), eles foron os protagonistas dun encontro promovido a semana pasada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) no CiQUS para dar conta das últimas incorporacións a este prestixioso programa da Xunta de Galicia, orientado á atracción e retención de talento de primeiro nivel. Por parte de GAIN, no encontro participou Patricia Argerey (Directora) e Mª José Mariño (Área de Centros), así como os directores do CiQUS, José Luis Mascareñas e Dolores Pérez, a directora do CiMUS, Mabel Loza, e a directora do CRETUS, Mª Teresa Moreira.
O CiQUS conta xa con 4 dos 17 investigadores e investigadoras adscritos no Programa Oportunius: Javier Montenegro, Manuel Souto, Diego Peña y María Giménez. Todos eles son beneficiarios de axudas á investigación do Consello Europeo de Investigación (ERC) e contribúen a elevar a excelencia científica do ecosistema de I+D+i galego a través dos seus proxectos de investigación na fronteira do coñecemento.